NATALIA




Músico, cantante, poeta, bailarina, pedagoga e xornalista
Cursou estudos de arte vocal, canto lírico e popular cos mestres Héctor Rotger e Rosmarie Helf da Universidade de Música da cidade de Santa Fe, Arxentina.
Formou diversos grupos de música arxentina e latinoameicana cos que realizou xiras por países como Brasil, Bolivia, México, Uruguai, Chile, Arxentina, España e Alemaña.
Gravou e editou dous CDs: Aguaí, música litoraleña arxentina e Espíritu guaraní, discos que recollen composicións de autoría propia inspiradas na música tradicional litoraleña arxentina e na mitoloxía e música indíxena guaraní, da que realizou un traballo de investigación durante máis de 10 anos recollendo antigos cantos e danzas de 1000 anos de antiguedade, e lendas, relatos e historias de máis de 10.000.
O pobo guaraní é un dos que mellor conserva a súa cultura en América, a través dos seus ritos, lingua, música danza e cultivo da terra. En Arxentina habitan onda as coñecidas Fervenzas do Iguazú.
Con Avina, fundación suíza para o desenvolvemento sustentable, traballou nun proxecto de promoción e difusión da Cultura Guaraní traballando na reconstrucción do Espacio Antiguo Guaraní e na creacción do Encuentro de Identidad Regional convocando a artistas de todo o litoral arxentino, historiadores, poetas, conteiros.
Realizou o Ciclo Grandes Creadores de la Música Argentina, convocando a Lito Vitale, Ramón Ayala, Juan Falu, entre outros, co auspicio da Secretaría de Cultura de la Nación Argentina.
Participou no Primer Encuentro Intercultural con los Guaraníes, auspiciado pola UNESCO, en Misiones, ao que asistiron artistas de Europa e América.
Foi convidada polo pobo wenaiek a dar concertos e conferencias no Encuentro de nuestras raíces, Villa Montes, Bolivia, no que se congregaron as etnias chiriguanos e ava guaraní.
Foi convidada en México, polo EZLN, ao Encontro de Arte Popular Internacional, coa obra Juan Moreira na que tamén foi actriz.
En Alemaña foi convidada pola Universidade de Heidelberg a dar concertos didácticos para a cátedra de socioloxía, e efectuou unha xira por cidades como Walldorf, Mains, Frankfurt, Mullaker, entre outras.
No Brasil dictou aulas de canto na Escola de Música da Prefeitura do Salvador de Bahia e deu recitais nos teatros e salas culturais desta cidade.
En Chile foi convidada a participar no Encuentro de Arte Popular en Santiago de Chile, co grupo “Puro Teatro”.
En Montevideo foi varias veces convidada a dar concertos para os Encontros de Ampliación de redes de varias ONGs ambientalistas e culturais.

Como poeta en Santa Fe formou a SADE (sociedade de poetas e escritores arxentinos)
Na península, deu concertos en Santiago de Compostela, e en Sevilla, Lebrija e Ribeira recitais didácticos para alumnos e docentes de secundaria, e en salas e teatros.
Na súa terra imparte dende hai 10 anos cursos de saúde vocal para docentes de todos os niveis, e dicta concertos didácticos en universidades, auspiciada polos gremios educativos da cidade natal.
En calidade de bailarina e coreógrafa, cursou estudos de danza clásica, expresión corporal, danzas nativas e folclóricas na Escola Municipal de Arte de Santa Fe.
Foi discípula da bailarina, danzaterapeuta e coreógrafa, Mónica Sineiro, da Escola da recoñecida María Fux.
En danzas nativas aborixes formouse co bailarín da etina wichi, Ernesto Koli, Chaco Arg, O Impenetrable.
Tivo unha bolsa do Instituto Nacional do Teatro para dar xiras na súa provincia, Entre Ríos, coa obra Danza de Bandoneon. Homenaxe ás Madres da Praza de Maio e aos desaparecidos da última ditadura arxentina.
Co bailarín Marcos Peralta (charrúa) ralizou un rescate das danzas dos indios charrúas de Entre Ríos, etnia case exterminada en Arxentina.
Recopilou antigas danzas guaranís en Misiones en diversas aldeas aborixes realizando convivencias periódicas durante máis de dez anos.
Foi convocada como xuri de música e danza nas bienais de Arte Joven de Santa Fe, a cargo da Secretaría de Cultura desta provincia.
Ademais, licenciouse como xornalista na Universidade de Santa Fe, e exerceu varios anos o xornalismo cultural en prensa escrita e radio.
Creou e dirixiu dúas publicacións culturais de temática aborixe e cultura rexional.



No hay comentarios: