MUGARDOS


Músico galego autodidacta, profesor de guitarra, creador e transmisor de historias. Con 4 traballos editados Mugardos é un recoñecido compositor.

No ano 2000 viu a luz “O Sol que vai chegar”, traballo editado en Zouma Records, compañía coa que tamén sacou “É aí” no 2002.
Paralelamente, a partir deste ano inicia unha nova experiencia profesional no mundo dos contos cantados, ou cantos contados, según se mire, formando parte do Consello de Galeg@s Ilustres, esa entidade que agrupa a todas aquelas persoas que fixeron ou fan algo por esta cousa colectiva chamada cultura galega ou Galicia.

Xa con Madame Mir, seguindo a costume de sacar un disco cada 2 anos, no 2004 aparece “Son da Terra”. E no 2006 “Un Feixe”, o primeiro traballo onde as cancións se presentan ao mundo coa voz de Xavier.

No hay comentarios: